O equipo feminino empatou en Tordoia a dous goles (2-2), un punto moi positivo e importante. No grupo, e a falta de saber o resultado entre Monte Forte e Milagrosa, as pontesas teñen 10 puntos, por 6 da Milagrosa, 3 de Monte Forte e 1 de Tordoia. De gañar a Milagrosa en Monforte o As Pontes xa estaría clasificado, se non precisarían cando menos dun punto nos dous complicados encontros que lles quedan ante Monte Forte e Milagrosa, cousa que non sería doada.

Postos a pedir quedar primeiras de grupo estaría moi ben pois o equipo saltaría unha rolda, a de dezaseisavos de final, que sería presumiblemente contra o Choco de Redondela para xogar directamente en oitavos de final contra o Bértola. No encontro xogado no Campo de O Rego e arbitrado polo colexiado Eduardo Casal Taboada Salido aliñou a Leti, Yaiza, Lau, Jani, Slivia, Lara, Clara, Noelia, Alba, Carlota e Carliña (Candela 49´ Mireia 77´). Doblete de Lau, goles ós que responderon as coruñesas con sendos empates. A vindeira semana importante partido contra o Milagrosa en Lugo, para rematar a fase de grupos na casa contra o Monte Forte dentro de dúas semanas.
Fonte: http://www.amigus.org/web/archives/013946.php